|
Ferramentas lingüisticas
para office 2000.
MS Word® · MS Access® ·
MS Excel® · MS Powerpoint® · MS Outlook®
Office2000 incorpora as ferramentas lingüisticas para o Galego
desenvolvidas por imaxin|software:
-Rapidez
-Suxestións ortográficas
e tipográficas
-Diccionarios personalizados
-Detección de palabras
repetidas
-Diferentes tipos de corrección
textual
-Funcións estándar
de corrección Office 2000
-Autocorrección
-Hifenizador
-Outras Características
Rapidez
O Corrector de Office 2000 de galego procesa máis de 46.000 palabras
válidas por minuto nun computador Pentium II a 233Mhz.
Suxestións ortográficas e tipográficas
Como todo corrector presente no paquete Office ten módulos de
suxestión que detecta erros ortográficos situándoos
no contexto de frase e parágrafo ao que pertencen. Ademais, conta
cun módulo que detecta erros tipográficos (abreviaturas
que deberían ir rematadas en punto, acrónimos en maiúsculas,
nomes propios ou topónimos a primeira letra en maiúsculas,
etc.).
Diccionarios personalizados
O paquete Office 2000 conta coa posibilidade de poder engadir diccionarios
personalizados que o corrector detectará como palabras correctas.
Isto permite a corrección non só de textos con léxico
persoal senón textos de carácter específico ou
terminolóxico. Podemos crear na xanela de opcións do paquete
Office (p.e., desde Word 2000) un diccionario personalizado, poderemos
tamén modificar, eliminar, agregar ficheiros de texto como diccionario
personalizado.
Detección de palabras repetidas
Frecuentemente existe un erro na redacción dos textos que consiste
na repetición de palabras por parte do autor/a do mesmo. O corrector
vai detectar este tipo de erros e vai contextualizalo na frase e no
parágrafo onde se encontra para a corrección por parte
do usuario/a.
Diferentes tipos de corrección textual
Podemos corrixir desde o comezo do documento, partes previamente seleccionadas
co rato ou a partir da posición do cursor.
Funcións estándar de corrección
Office 2000
O corrector de Office 2000 de galego implementa todas as funcións
presentes en todas as ferramentas de corrección para este paquete.
Estas funcións son as seguintes: Omitir, Omitir todos, Agregar,
Cambiar, Cambiar todos, Autocorrección
Autocorrección
Mediante esta funcionalidade as aplicacións do paquete Office
2000 van corrixir automaticamente erros de caracter ortográfico
ou léxico por procedementos estatísticos. Así por
exemplo, os plurais rematados en -les (animales) van ser corrixidos
directamente por -is toda vez activada a función de autocorrección.
Hifenizador
Frecuentemente é necesario guionizar os textos nos finais de
cada liña. Era necesario que o galego tamén contase con
esta ferramenta. Para activar esta aplicación teremos de ir ata
Herramientas->Idioma->Guiones e executar. A continuación o Office
2000 preguntaranos se queremos a división automática de
palabras, división por palabras maiúsculas o división
manual de guións. Elixindo a división automática
o hifenizador separará automaticamente as palabras en final de
liña, se eliximos división manual iranos preguntando cal
a división que queremos aplicar a unha determinada palabra.
Outras Características
· Revisar Ortografía mentres se escribe
· Activar/Desactivar que suxira sempre
· Omitir palabras en maiúsculas
· Omitir palabras con números
· Omitir arquivos e enderezos de Internet
· Detección de palabras repetidas
· Sistema de suxestión de plurais.
· Sistema de suxestión de dialectalismos.
· Sistema optimizado de aproximación de palabras e verbos.
· Suxestións sensibles ao contexto.
· Detección e suxestión de segunda forma do artigo.
· Sistema de corrección de máis dun erro con casuística.
· Módulo de suxestións especializadas para o galego.
· Interface de Office 2000.
· Máis de 700 abreviaturas e acrónimos.
· Máis de 1000 nomes e apelidos.
· Máis de 500 siglas e acrónimos.
· Máis de 1200 topónimos galegos, portugueses,
españois, europeos, etc.
|