

inicio> contactar> nova sede
imaxin|software trasladou as súas oficinas de Santiago de Compostela para outra localización da mesma cidade, dentro dunha estratexia de crecemento e ampliación dos nosos servizos para o próximo ano 2007.
O crecemento da firma, a creación de novas áreas de negocio, acompañadas do aumento do persoal, e o interese por ofrecer o mellor servizo posible aos nosos clientes son algunhas das razóns do cambio de oficinas.
| O noso novo enderezo é o seguinte: imaxin|software Salgueiriños de abaixo nº 11 L6 Santiago de Compostela 15891 A Coruña E os teléfonos de atención
e email continúan sendo os mesmos: |
ampliar |
Tales obxectivos, comprometidos tanto coa calidade como con cada un dos clientes, esíxennos un labor de actualización tenaz e constante. A situación das novas oficinas ofrécenos un contorno física e tecnoloxicamente máis amplo, o que reverte nun mellor servizo ao cliente.