inicio> accesibilidade

Accesibilidade

Estándares

imaxin|software en todos os seus desenvolvementos procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades da Web sexan independentes dos dispositivos físicos e dos navegadores Web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos e accesibles para navegadores adaptados a persoas con eivas ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.

Valid XHTML 1.0 Strict

O contido desta Web está en formato XHTML - unha linguaxe de composición de hipertexto, estándar, aberta, desenvolvida e recomendada polo W3C, o Consorcio da Web.

Símbolo que indica contido web conforme ao nivel AA da recomendación de accesibilidade web do W3C

Os elementos que constitúen o contido (imaxes, texto, estruturas, ligazóns) están escritos de xeito concorde ao nivel de prioridade AA das Directrices de Accesibilidade para Contido Web do W3C.

CSS Válido!

Empréganse follas de estilo (CSS, outro estándar do W3C) para asignar os formatos de presentación e para distribuír nas páxinas os contidos e as ligazóns.

 

O deseño desta Web foi realizado tendo en conta as recomendacións de accesibilidade para o segundo nivel de prioridade das directrices WAI (Web Accessibility Initiative) do W3C.

Características de accesibilidade

A maioría dos navegadores soportan acceder a ligazóns específicas pulsando determinadas combinacións de teclas (teclas de acceso) definidas para este sitio Web. No caso de Linux ou Windows funciona pulsando Alt+tecla de acceso (en Internet Explorer hai que pulsar ademais a tecla intro); no Macintosh esta operación pode ser realizada pulsando Ctrl+tecla de acceso.

No sitio Web de imaxin|software utilízanse as teclas de acceso seguintes:

Teclas de acceso rápido
Tecla Acción
0 Ir á páxina de inicio
1 Sección Sobre imaxin
2 Sección Servizos
3 Sección Áreas de competencia
4 Sección Showroom
5 Sección Sala de prensa
6 Sección Descargas
7 Sección Contacte
8 Sección Accesibilidade (esta páxina)

Ligazóns

  • Moitas ligazóns foron descritas en detalle a través do atributo título, a non ser que o texto da ligazón describise completamente o seu destino (como o titular dunha nova).
  • Sempre que foi posible, as ligazóns foron definidas para que tivesen sentido fóra de contexto e fosen útiles cando visualizadas nunha lista de ligazóns da páxina (moitos dos navegadores proporcionan este tipo de listas para axudaren na navegación)
  • Todas as ligazóns pódense seguir sen problema, aínda que os scripts non estean activados.
  • As ligazóns non se abren en novas xanelas a non ser que se advirta do contrario.

Imaxes

  • Todas as imaxes con contido inclúen un atributo alt cun texto descritivo. As imaxes con propósito decorativo inclúen atributos alt baleiros.

Deseño visual

  • Empréganse follas de estilo (CSS) para controlar o aspecto visual do sitio Web e mais para dispoñer o contido na superficie da xanela.
  • Os títulos das páxinas son significativos e proporcionan información acerca do contido das mesmas.
  • Trátase de acadar o maior contraste entre as cores de elementos de fondo e de primeiro plano, usando cores que non presenten problemas para persoas con limitacións visuais (daltonismo).
  • O contido do sitio Web é accesible aínda que o navegador empregado non soporte follas de estilo.
  • As páxinas foron realizadas conforme a estándares do W3C e empregan eses estándares correctamente.
  • En relación ao punto anterior, utilízase a etiquetaxe XHTML semanticamente máis correcta para cada elemento da páxina (encabezados, táboas, listas, etc.).
imaxin|software Salgueiriños de abaixo nº11 L6, 15891 Santiago de Compostela Tlf. 981 554 068 Fax. 981 554 988

Aviso legal | Política de privacidade | Accesibilidade