inicio> sobre imaxin

Sobre imaxin|software

Contacto de prensa

Se precisa de máis información sobre a empresa ou sobre os seus produtos, contacte connosco en:

voz +34 981 554 068

fax +34 981 554 988

mail comunicacion@imaxin.com

Sobre imaxin|software

Dossier de empresa

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

imaxin|software ten como principal obxectivo responder ás necesidades do cliente con espírito innovador, concibindo as novas tecnoloxías como un elemento competitivo para asegurar aos nosos clientes un valor diferencial e de liderado.

Calidade: CMMI Nivel3

imaxin|software superou a validación do Modelo CMMI nivel 3 outorgado polo Instituto de Enxeñaría do Software (SEI) da Universidade Carnegie Mellon, dos Estados Unidos.

Capability Maturity Model Integration (CMMI) é un modelo de validez internacional para o melloramento efectivo de procesos estandarizados de fabricación de software.

A súa filosofía orientada ao desenvolvemento de produtos e servizos de calidade céntrase na utilización de boas prácticas na xestión dos proxectos co obxectivo de satisfacer as expectativas do cliente. CMMI tamén proporciona métodos de melloramento continuo dos procesos por medio de diferentes técnicas de análise.

As empresas que utilizan o modelo CMMI son obrigadas a someterse con regularidade a novos procesos de avaliación por parte do SEI, o que asegura en todo momento a calidade final dos produtos.

Diploma CMMI nivel3

CMMI(R) Maturity Level 3 Rated
Appraised by Sopra Group Informatica, S.A.
http://sas.sei.cmu.edu/pars/pars_detail.aspx?a=12312

Misión

Conseguir a confianza e a satisfacción dos clientes converténdonos no seu socio tecnolóxico, e proporcionar o asesoramento e os servizos que permitan optimizar continuamente o proceso de negocio do cliente.

Valor engadido

Creatividade, innovación, simplicidade, eficiencia e transparencia no traballo son os nosos valores diferenciais. As necesidades reais dos clientes son a maior preocupación de imaxin|software.

I+D+i

imaxin|software inviste grande parte do seu esforzo humano e económico en Investigación e Desenvolvemento, peza chave na creación e evolución de novos produtos, solucións e servizos.

imaxin|software Salgueiriños de abaixo nº11 L6, 15891 Santiago de Compostela Tlf. 981 554 068 Fax. 981 554 988 CSS 2.1 correcto XHTML 1.0 Strict correcto

Aviso legal | Política de privacidade | Accesibilidade