inicio> áreas de competencia> imaxin|avanza

imaxin|avanza

Para dar resposta a problemas específicos e complexos, imaxin|software ofrece solucións personalizadas agregando o coñecemento adquirido polos distintos departamentos da empresa. O coñecemento de diferentes ambientes, linguaxes, tecnoloxías e técnicas permite ofrecer solucións de alto valor engadido.

Para cada proxecto, unha vez feita a análise previa, identificamos as ferramentas máis adecuadas para o seu desenvolvemento:

Linguaxes de programación

SGML, XML, XSL, XSLT

Visual Basic, VisualNet, C, C#, C++, Prolog

HTML, XHTML, DHTML, ASP,ASP.NET, JSP, PHP,VisualScript, JavaScript

Macromedia Flash, ActionScript, Macromedia Director, Lingo

Bases de datos

SQL Server 2000, Informix, Oracle, MySQL, Postgrest

Sistemas operativos

Microsoft Windows 9x, NT, Me, 2000, MS-DOS

Linux (Debian, Suse, Ubuntu, Mandrake, Redhat), Unix

Mac OsX, Os9

Produtos relacionados

Xestora

Xestora 3.0. xorde da necesidade das asociacións sen ánimo de lucro de adaptarse ao novo marco legal establecido a partir da Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación, que exixe destas asociacións o cumprimento dunha serie de obrigacións documentais, contables e fiscais até agora non requiridas:

  • Relación actualizada dos seus asociados.
  • Levar unha contabilidade que permita obter a imaxe fiel do patrimonio, do resultado e da situación financeira da entidade.
  • Actividades realizadas.
  • Efectuar un inventario de bens.
  • Recoller nun libro as actas das reunións dos seus órganos de goberno e representación.

imaxin|software Salgueiriños de abaixo nº11 L6, 15891 Santiago de Compostela Tlf. 981 554 068 Fax. 981 554 988

Aviso legal | Política de privacidade | Accesibilidade