

inicio> aviso legal
O presente aviso legal regula o uso do servizo da Internet www.imaxin.com (en diante, "sitio Web") que Imaxin Software, S.C. pon ao dispor dos usuarios da rede.
Imaxin Software, S.C. é unha empresa con domicilio social na Rúa Salgueiriños de Abaixo, nº11, local 6; 15703 Santiago de Compostela, A Coruña, con C.I.F. número G15585862 e inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, Tomo 2274 do Arquivo Sección Xeral, ao folio 1, Folla nº C-23443, Inscrición 1ª.
A través do sitio Web, Imaxin Software, S.C. facilita aos usuarios o acceso e a utilización de diversos servizos e contidos postos á súa disposición por Imaxin Software, S.C. ou por terceiros.
O acceso e utilización do presente sitio Web atribúe a condición de usuario e implica por parte dos usuarios a plena aceptación das presentes condicións de uso, así como aquelas particulares que se establezan para determinados servizos que complementarán estas, comprometéndose a utilizar o sitio Web e os servizos de conformidade coa lei, o presente aviso legal, as condicións particulares de certos servizos e restantes avisos, regulamentos e instrucións postos no seu coñecemento, ademais da moral e os bos costumes xeralmente aceptados e a orde pública.
As páxinas de www.imaxin.com poden ser visitadas libremente polos usuarios, excluíndo aquelas que se atopan en áreas pechadas ou que esixen a inscrición nun rexistro de usuarios, o que implica o enchemento do correspondente rexistro de usuario, que se efectuará na forma expresamente indicada no propio servizo ou nas condicións particulares que o regulen.
Toda a información que facilite o usuario a través dos servizos deberá ser veraz. A estes efectos o usuario garante a autenticidade de todos aqueles datos que comunique como consecuencia da utilización de determinados servizos. De igual forma, será responsabilidade do usuario manter toda a información facilitada a Imaxin Software, S.C. permanentemente actualizada de forma que responda en cada momento á situación real do usuario, non sendo responsable Imaxin Software, S.C. dos prexuízos que se poidan causar a terceiros pola información que facilite.
Para ese efecto, o usuario absterase de utilizar calquera dos servizos con fins ou efectos ilícitos, prohibidos no presente aviso legal, lesivos dos dereitos e intereses de terceiros que de calquera forma poidan danar, inutilizar, sobrecargar, deteriorar ou impedir a normal utilización dos servizos, os equipamentos informáticos ou os documentos, ficheiros e toda clase de contidos almacenados en calquera computador ("hacking") de Imaxin Software, S.C., doutros usuarios ou de calquera usuario da Internet (hardware e software).
En particular, e a título meramente orientativo, non exhaustivo, o usuario comprométese a non transmitir, difundir ou pór á disposición de terceiros informacións, datos, contidos, mensaxes, gráficos, debuxos, ficheiros de son e/ou imaxe, fotografías, gravacións, software e, en xeral, calquera clase de material que:
O usuario comprométese a utilizar correctamente os contidos postos ao seu dispor no sitio Web, entendendo por estes, sen que esta enumeración teña carácter limitativo, os textos, fotografías, gráficos, imaxes, iconas, tecnoloxía, software, ligazóns e demais contidos audiovisuais ou sonoros, así como o seu deseño gráfico e códigos fonte, de conformidade coa lei, o presente aviso legal, as condicións particulares de certos servizos e restantes avisos, regulamentos, uso e instrucións postos no seu coñecemento, ademais da moral e os bos costumes xeralmente aceptados e a orde pública, e en particular comprométese a absterse de:
Os usuarios e todas aquelas persoas que teñan intención de establecer unha hiperligazón entre a súa páxina Web ou portal e o sitio Web www.imaxin.com deberán cumprir as seguintes condicións:
A totalidade deste sitio Web (texto, imaxes, marcas comerciais, logotipos, ficheiros de audio e vídeo, botóns, ficheiros de software, combinacións de cores, así como a estrutura, selección, ordenación e presentación dos seus contidos) é propiedade de Imaxin Software, S.C. ou de terceiros e atópase protexida polas leis españolas e internacionais sobre propiedade industrial e intelectual. Así mesmo, e sen prexuízo do anteriormente citado, o contido do sitio Web ten a consideración de programa de computador e é de aplicación toda a normativa española e comunitaria europea vixente na materia.
Polo feito de que o usuario acceda ao sitio Web, non poden entenderse cedidos ao mesmo ningún dos dereitos de explotación que existan, ou poidan existir, sobre os devanditos usos alén dos estritamente necesarios para o correcto uso do sitio Web.
Imaxin Software, S.C. exclúe, con toda a extensión que permite o ordenamento xurídico, calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse a:
Os usos e regras que Imaxin Software, S.C. segue en cumprimento da Lei Orgánica 15/99 de 13 de Decembro, Lei de Protección de Datos de Carácter Persoal, e a súa normativa de desenvolvemento son os que se expoñen na páxina relativa á privacidade www.imaxin.com/politicadeprivacidade.asp do presente sitio Web.
Todas as notificacións realizadas por un usuario ou terceiro a Imaxin Software, S.C. consideraranse eficaces sempre que se dirixan a IMAXIN, dalgunha das seguintes formas:
- Envío por correo postal a Imaxin Software, S.C., domicilio na Rúa Entremurallas, 5-2º 15702 Santiago de Compostela, A Coruña
- Envío por correo electrónico a imaxin@imaxin.com
Se a comunicación se refire á realización de actividades ilícitas ou á infracción de dereitos de propiedade industrial ou intelectual debe achegar documentación que acredite os feitos, así como declaración expresa da veracidade da mesma.
Imaxin Software, S.C. resérvase a facultade de suspender os servizos cando o considere pertinente, e en particular a aqueles usuarios que infrinxan o establecido no presente aviso legal.
O presente aviso legal e todas as relacións que se establezan con Imaxin Software, S.C. rexeranse polo establecido na lexislación española.