

inicio> descargas> corrector para Office 2000, Xp e 2003> axuda corrector
Corrector imaxin 2.mil3
Corrector para versión de Office Xp e Office 2003
Corrector para versión de Office 2000
2.mil3 Ver 1.01
En determinadas configuracións de Office pode aparecer un problema despois da súa instalación. Para solucionalo debe instalar esta versión do corrector (non é preciso desinstalar previamente).
![]()
Este documento é unha axuda para a instalación e actualización do corrector de galego para Office 2000, Xp e 2003.
1º Paso. Comprobe a versión do seu paquete Office e descargue a versión do corrector axeitada.
2º Paso. Antes de instalar peche todas as aplicacións de Office, incluído o programa de correo Outlook.
3º Paso. Descomprima o ficheiro Zip nun cartafol e execute o ficheiro setup.exe.
Unha vez instalado xa se pode utilizar. A continuación lea as seguintes nocións básicas de uso:
O Corrector 2.mil3 é un corrector de galego integrado no propio paquete Office 2003 e Office Xp como os de español ou de inglés. Polo tanto, non notará nada particular nas interfaces de Word, PowerPoint, Outlook, etc.
Para poder corrixir un texto en galego, en primeiro lugar asegúrese de que ten activado o idioma galego. Para iso comprobe no menú Ferramentas>Idioma>Definir idioma se a opción Galego está activada (unha imaxe en forma de trazo). Se non o está, actívea.
Unha vez activada, debe indicar que o texto do seu documento está en galego. Para iso seleccione o texto e no menú Ferramentas>Idioma>Definir idioma escolla Galego. Se está no Word comprobará que na parte central inferior da pantalla se indica o idioma do texto.
Tamén pode seleccionar como idioma por defecto o galego:
simplemente, no mesmo menú, prema o botón Predefinido. Deste xeito,
sempre que cree un novo documento, o idioma será galego.
![]()