

inicio> áreas de competencia> imaxin|context
Golfiño. Corrector gramatical de galego para OpenOffice.org
imaxin|software desenvolveu o primeiro corrector ...
![]()
A lingua é o principal medio utilizado para a comunicación entre as persoas. É tamén un instrumento fundamental para o desenvolvemento da maioría dos ámbitos da nosa vida diaria. Con todo, non serve para a interacción cos sistemas, servizos e aplicacións informáticas que empregamos habitualmente. A propia comunicación entre persoas tamén se ve limitada polo feito de que non todos compartimos a mesma lingua.
A enxeñaría lingüística permite superar estas limitacións a través do tratamento computacional da linguaxe natural. Así, aplicamos os coñecementos sobre lingua ao desenvolvemento de sistemas informáticos que poidan recoñecer, comprender, interpretar e xerar linguaxe humana en todas as súas formas.
En termos prácticos, a enxeñaría lingüística aplícase dun xeito xeral en:
E dun xeito máis concreto aplícase a problemas do mundo real en todo o espectro social e económico:
A capacidade lingüística engádese aos sistemas para incrementar o seu rendemento. A enxeñaría lingüística é 'unha tecnoloxía que engade valor'.
imaxin|software aplica a tecnoloxía lingüística a través de ferramentas informáticas na xestión de contidos, xestión documental e xestión do coñecemento, mellorando a produtividade e optimizando a explotación dos recursos intanxibles da empresa.
Entre as solucións desenvolvidas por esta área podemos destacar:
Procesamento lingüístico: correctores ortográficos, sintácticos e de estilo, correctores ortográficos en rede, dicionarios electrónicos, tradutores automáticos
Procesamento documental: buscadores documentais, buscadores semánticos, sumarizadores de documentos, clasificadores automáticos documentais, extractores de información.