

inicio> descargas> corrector para Office 2000, Xp e 2003
Corrector imaxin 2.mil3
Corrector para versión de Office Xp e Office 2003
Corrector para versión de Office 2000
2.mil3 Ver 1.01
En determinadas configuracións de Office pode aparecer un problema despois da súa instalación. Para solucionalo debe instalar esta versión do corrector (non é preciso desinstalar previamente).
Para máis información consulte:
![]()
O corrector imaxin 2.mil3 actualiza o paquete Office 2000, Office Xp e office 2003 ou calquera das súas aplicacións (MS Word - MS Access - MS Excel - MS Powerpoint - MS Outlook) para integrar este novo corrector dentro das súas opcións de corrección.
Único corrector que recolle a nova norma da Real Academia Galega (2003). Este novo corrector é o único corrector adaptado aos cambios ortográficos e morfolóxicos da RAG.
imaxin 2.mil3 está integrado por un conxunto de ferramentas que aseguran unha correcta escritura. Corrector ortográfico - Autocorrector - Corrixir mentras escribe - Hifenizador .
Sistema operativo Windows
Ter instalado o paquete Office 2000, Office Xp ou Office 2003
Descargar o instalador adecuado á súa configuración,
descomprimir e executar.
Activar idioma para a corrección e/ou hifenización en galego.
Para corrixir os textos en galego debe cambiar para idioma galego en Ferramentas->Idioma->Cambiar
idioma. Unha vez feito isto, poderemos corrixir os nosos documentos en galego.
Lembre que se quere corrixir un documento creado antes de realizar o cambio
de idioma, debe activar de novo o galego, xa que o documento Normal.dot de Office garda
a configuración da lingua de cada documento.
Para máis información consulte a guía de uso.
![]()

