

Datos do proxecto
Cliente:
Xunta Innovación e Industria
Tecnoloxías:
Tecnoloxías lingüísticas
Área:
imaxin|context
Servizo:
Desenvolvemento
Ligazóns asociadas:
imaxin|software desenvolveu o primeiro corrector gramatical para o galego que existe no mercado e a sexta proposta do mundo en corrección gramatical para o paquete ofimático OpenOffice.org.
Nestes momentos só seis linguas no mundo (galego, portugués, inglés, alemán, francés e gaélico) dispón de corrección gramatical, con varias propostas de software libre a partir das cales será escollido un estándar.
Podes descargar o corrector gramatical Golfiño.
Tamén podes descargar o corrector ortográfico.
Golfiño corrixe tanto erros gramaticais e de estilo frecuentes nos escritos en galego como os provocados polo cambio de norma. Tamén corrixe erros de rexencia verbal, de concordancia de xénero e número, de confusión ortográfica con detección gramatical e de construción de perífrases. Ademais, pode detectar erros na posición dos pronomes en relación cos verbos e erros de xénero moi comúns nos textos escritos.
Golfiño é un proxecto cunha forte compoñente innovadora que incorpora, alén da interface e do motor de corrección gramatical, módulos software do CoGrOO brasileiro (corrector gramatical de OpenOffice para o portugués do Brasil) e tamén o Freeling (lematizador e desambiguador) para o galego.
Golfiño ten licenza GPL, é multiplataforma e funciona en sistemas Windows, Linux e Macintosh.
Desenvolvendo o Golfiño, imaxin|software pretende facer aínda máis forte a proposta brasileira para converterse no estándar de corrección gramatical de OpenOffice.org. A contribución do software de alta calidade baseado en técnicas de intelixencia artificial e lingüística computacional feito desde Galiza poderá situarnos nunha óptima posición para proxectos futuros de tecnoloxía lingüística multilingüe.
![]()

