|
INTEGRACIÓN NOS PROCESADORES DE TEXTO ESTÁNDAR Traballa cos procesadores de texto estándar Microsoft Word 97, Word 95, Word 6.xx. e Corel WordPerfect 8.0. Para facilitar o uso do corrector, este actívase premendo os botóns inseridos previamente polo Selector nos procesadores de texto que lle indiquemos. RAPIDEZ O Corrector Galgo procesa máis de 30.000 palabras válidas por minuto. DIFERENTES NIVEIS DE SUXESTIÓNS Para corrixir mellor un texto, conta con diferentes niveis de suxestións, adaptándose ao tipo de corrección que o/a usuario/a desexe. Pode funcionar ben como detector de palabras incorrectas, sen suxestións, ben como detector de erros ortográficos (chaval-chacal, volvoreta-bolboreta, etc) ou ben como detector de erros complexos tratando tanto as suxestións léxicas de palabras e verbos (andiven-andei, adxunten-engadan, chaval-mozo) como as suxestións ortográficas e tipográficas. DICCIONARIO DE USUARIO Contén un diccionario personalizable polo/a usuario/a onde poderemos inserir as palabras non detectadas no texto ou aquelas que desexamos que non corrixa. As funcións que podemos aplicar sobre esta lista son as de Suprimir, Engadir ou simplemente procurar unha palabra. Cada nova entrada inserida vai aparecer por orde alfabética. DICCIONARIOS EXTERNOS Poderemos inserir diccionarios terminolóxicos ou especializados, que facilitarán a corrección de documentos técnicos. Estes diccionarios diferéncianse dos anteriores en que están validados por terminólogos/as e non se poderán modificar. DIFERENTES TIPOS DE CORRECCIÓN TEXTUAL Podemos corrixir desde o comezo do documento, partes previamente seleccionadas co rato ou a partir da posición do cursor. FUNCIÓNS ESTÁNDAR DE CORRECCIÓN O Corrector Galgo axústase ao estándar en corrección lingüística. Contén as funcións: Comezar, Deter, Ignorar, Cambiar, Engadir, Ignorar Sempre e Cambiar Sempre. CORRECCIÓNS DE ERROS LÉXICOS (+) No nivel de corrección máis complexo podemos corrixir palabras ou verbos incorrectos de aparencia galega polas formas equivalentes correctas. Este é o caso da forma conxugada agotouse que correxirá pola autenticamente galega esgotouse ou o da palabra herencia que correxirá polos correctos herdade, herdanza ou herdo. O corrector Galgo corrixe deste xeito máis de 17.000 palabras e preto de 5.000.000 de formas verbais incorrectas. Este tipo de suxestións van precedidas dun signo non imprimible (+). CORRECCIÓNS DE ERROS TIPOGRÁFICOS E ORTOGRÁFICOS Corrixe tanto erros tipográficos, resultado de operacións de inserción, substitución ou borrado de caracteres, ou cadeas de carácteres inválidos sobre palabras válidas, como erros ortográficos resultado do descoñecemento da grafía correcta dunha palabra. |
imaxin galgo® un producto de imaxin para a Consellería de educación e ordenación universitaria.