Corrector para linguas minorizadas

CORRECCIÓN PARA LINGUAS MINORIZADAS

As linguas minorizadas son entidades que precisamente polo seu carácter non dispoñen polo xeral nin dun grande número de ferramentas lingüísticas nin de ferramentas que se axusten ao seu carácter estructural.

En todo texto minorizado, existen por unha banda erros comúns a linguas normalizadas e erros específicos das minorizadas. Os primeiros son erros de carácter ortográfico e tipográfico e os segundos refírense a erros de carácter léxico e verbal, erros que activan un procesamento moi complexo xa que non só activan procesos de detección senón de transformación da saída. Así para o forma verbal incorrecta: andivéchedes teremos que detectar a non validez da forma e transformar as solucións verbais correspondentes segundo conxugación, persoa, tempo, etc.

Desde imaxin por tanto á hora da creación do imaxin Galgo partimos sempre desta realidade, é dicir, que pretendiamos facer unha ferramenta que non só corrixise erros ortográficos e tipográficos comúns ás linguas ou variedades normalizadas (portugués, español, inglés, ...) senón tamén aqueles erros de carácter léxico e verbal presentes nos textos minorizados e comúns a linguas como (galego, asturiano, catalán, euskera, etc), como as apuntadas anteriormente. O motor de corrección está pensado por e para as linguas minorizadas.


imaxin galgo® un producto de imaxin para a Consellería de educación e ordenación universitaria.