 |
O CORRECTOR GALGO NO WORD 2000
Debido a un problema na "plantilla" Normal.dot de Word 2000,
e nalgunhas versións do Word 97, o corrector imaxin Galgo pode
non quedar ben configurado. Para solucionalo teremos que seguir os pasos
detallados a continuación.
Forma rápida.
-
Eliminar
a "plantilla" Normal.dot do word 2000 ou 97 (comprobe que
non teña nada importante gardada na plantilla, como macros,
xa que se eliminarán). Esta plantilla encóntrase normalmente
na carpeta "c:\Archivos de programa\office\Plantillas".
-
Unha
vez eliminada, arrancar o word e automaticamente dito programa crea
unha nova Normal.dot.
-
A
continuación executar o "Selector Galgo" para instalar
de novo a barra de ferramentas.
Non podemos garantir que esta solución funcione en todos os
equipamentos, mais si na maioría. No caso de non funcionar siga
os pasos da versión longa.
Versión longa.
Este método copia as macros necesarias para o correcto funcionamento
do imaxin Galgo na "plantilla" Normal.dot do word.
Primeiro
paso, copiar as macros, que están na plantilla "Galgo97.dot"
na plantilla "Normal.dot". Siga os pasos:
- Ir ó
menú "Herramientas, Plantillas y Complementos ..." do word.
- Premer
o botón "Organizador".
- Premer
o botón "Cerrar Archivo" da xanela da esquerda. Agora premer
ese mesmo botón que porá "Abrir archivo" e escoller a
plantilla "Galgo97.dot" situada normalmente na carpeta "c:\Archivos
de Programa\imaxin Galgo".
- Premer
a ficha "Elementos del proyecto macro". ten que aparecer na lista da
esquerda "MisMacros". Hai que seleccionar este elemento e premer "Copiar"
de xeito que apareza tamén na lista da dereita.
- Unha
vez feito pechamos a xanela.
Segundo paso, crear a Barra de Ferramentas. Siga os pasos:
-
Ir
ó menú "Ver, Barras de Herramientas, Personalizar..."
-
Premer na ficha "Barras de Herramientas" e logo no botón "Nueva"
-
Poñerlle o nome, p.e. "imaxin Galgo" e asegurarse que fique
na plantilla "Normal.dot" e premer "Aceptar" e "Cerrar". Agora xa
está creada a barra de ferramentas.
Terceiro paso, crear os botóns na barra de ferramentas e asignarlle
as macros que chaman ó corrector e a axuda on-line:
-
Ir
ó menú "Ver, Barras de Herramientas, Personalizar..."
do word.
-
Escoller a ficha "Comandos".
-
Aparecerán dúas listas. Na lista da esquerda hai que
seleccionar o elemento Macros.
-
Aparecerá na lista da dereita os elementos "Normal.MisMacros.ExecutarCorrector"
e "Normal.MisMacros.ExecutarAxuda". Estes son as dúas macros
que chaman ós referidos programas.
-
Para crear os botóns simplemente temos que arrastrar ditos
elementos a barra de ferramentas que creamos anteriormente. Asegúrese
de que é visible a barra para poder arrastralos ata ela.
-
Prema co rato nos elementos e arrástreos ata a barra. Automaticamente
crearanse dous botóns cos nomes das macros. Se quere xa pode
deixalos así ou porlles unha imaxe ou trocar o nome, se quere
facelo realice o paso número 7.
-
Seleccione
o botón que quere trocar e prema "Modificar Selección",
aquí pode escoller cambiar o nome e porlle unha imaxe dunha
lista delas. Unha vez feito isto xa pode pechar as xanelas e arrancar
a aplicación
|