Localizar, moito máis que traducir

Non só traducimos aplicacións, adaptámolas culturalmente

Localización

Os procesos de internacionalización non son sinxelos, debes ter en conta moitos aspectos e un que non debes de esquecer é a internacionalización do teu software, aplicacións ou videoxogos. O noso departamento de localización axudarache a definir o proxecto, desenvolvemos a tradución da interface de usuario e manuais, levamos a cabo as tarefas técnicas necesarias e realizamos o testing para asegurar a calidade do produto.

 


Contamos con ampla experiencia na tradución de software, traballamos localizando videoxogos, o sistema operativo Microsoft Windows, o paquete ofimático Microsoft Office e o paquete ofimático de software libre OpenOffice entre outros grandes proxectos.

Tes un proxecto singular?

Asesorámoste e axudamos a crear unha solución á túa medida


Non o dubides e contacta connosco, estaremos encantados de escoitarte.