inicio> áreas de competencia> imaxin|groupweb

imaxin|groupweb

Área de traballo de imaxin|software dedicada ao desenvolvemento software en ambiente Web, especialmente orientada a solucións corporativas e que ofrece unha ampla gama de servizos e produtos para a xestión de contidos, xestión documental, intranet e extranet.

Tecnoloxías e servizos

Consultoría estratéxica

Accesibilidade, usabilidade

HTML, XHTML, DHTML, ASP, ASP.NET, JSP, PHP, VisualScript, JavaScript

Macromedia Flash, ActionScript

Produtos relacionados

XesWeb

XesWeb é unha plataforma desenvolvida por imaxin|software para responder ás necesidades das empresas que precisan de ferramentas para actualizaren os seus contidos e servizos en liña dun xeito autónomo, eficiente e eficaz.

XesWeb permite a total xestión da Web corporativa optimizando os tempos de desenvolvemento e formación do personal ao seu cargo.

Baseada en tecnoloxías estándares, é totalmente configurable e modular. O deseño do front-end é 100% personalizado, adaptándose a cada cliente segundo as súas necesidades.

 

imaxin|software Salgueiriños de abaixo nº11 L6, 15891 Santiago de Compostela Tlf. 981 554 068 Fax. 981 554 988

Aviso legal | Política de privacidade | Accesibilidade