inicio> áreas de competencia> in|gaming

Proxectos relacionados
Keco

Keco e a busca da ecopanda

Elaboración dunha aplicación educativa concretada ...

+info do proxecto

in|gaming

Área multimedia de imaxin|software especializada en aplicacións educativas e formativas que esperten o interese e a reflexión nos usuarios cumprindo cos obxectivos previamente marcados.

Definidas as necesidades de comunicación e analizadas as relacións do cliente cos usuarios, imaxin|software desenvolve un produto creativo, de calidade e coherente coas necesidades de comunicación e os obxectivos fixados previamente, contemplando en todas as súas creacións os seguintes aspectos: deseño apropiado e adaptado á idade do usuario; especial atención ás formas, cores, linguaxe e adecuación dos contidos; estruturas de datos e sistemas de navegación intuitivos e manexables, etc. á procura dun produto final de calidade.

Os produtos que desenvolvemos nesta área son estes:

Multimedia: aplicacións multimedia en CD, quioscos interactivos, presentacións corporativas, son algúns dos servizos que ofrecemos os nosos clientes

Xogos educativos: xogos conversacionais, xogos de continuidade, xogos de descubrimento, xogos e lingua.

Webs corporativas, Webs promocionais dunha marca ou produto.

Advergaming.

Xogos educativos

Un método útil para transmitir a nosa mensaxe mentres xogan e se divirten.

Os xogos desenvoltos en imaxin|software son máis que simple diversión, pois van máis alá do entretemento. Exploran a súa parte máis comunicativa, educativa e formativa apostando por convertelos nunha ferramenta de comunicación en que se comparten experiencias e intercambian información e opinións. Son novos tipos de aplicacións: advergaming, newsgaming, xogos sociais, simulacións.

imaxin|software Salgueiriños de abaixo nº11 L6, 15891 Santiago de Compostela Tlf. 981 554 068 Fax. 981 554 988

Aviso legal | Política de privacidade | Accesibilidade