inicio> áreas de competencia> imaxin|localiza

Proxectos relacionados
Localización Open Office

Localización OpenOffice

imaxin|software desenvolveu a tradución ...

+info do proxecto

imaxin|localiza

Creada no ano 2004, froito da experiencia na localización de Windows e Office a galego para Microsoft. Nesta área préstanse servizos integrais de localización de software a galego, portugués, español e inglés contando cun equipo altamente cualificado de lingüistas e informáticos.

A localización de software é moito máis que unha simple tradución lingüística

A localización de software é moito máis que unha simple tradución da interface dunha aplicación. Consiste na adaptación ás normas culturais, legais, lingüísticas e técnicas dunha configuración rexional. Con iso preténdese que os usuarios poidan interactuar co software no seu idioma. Tamén permite que os fornecedores cheguen a un maior número de usuarios e que, ademais, reduzan o custo de asistencia.

Experiencia

imaxin|software conta con grande experiencia na localización de software, sendo a maior empresa de localización a galego. Desafíos como a localización de Microsoft Windows Xp e Office 2003, e recentemente OpenOffice 2.0, permiten ao noso equipo ofrecer todo o seu coñecemento para a localización en plataformas propietarias e de código aberto complementado coas ferramentas e a metodoloxía necesarias para traballar con todo tipo de ficheiros. Ademais, a área imaxin|context desenvolve ferramentas específicas para facilitar as tarefas de tradución, como correctores, tradutores, etc.

Recursos e partners

imaxin|software conta co apoio, recursos e ferramentas xeradas polo departamento de tecnoloxía lingüística resultado dos proxectos levados a cabo polo departamento de I+D+i. Conta tamén con equipos multidisciplinares de traballo formados por tradutores, lingüistas e informáticos, así como co apoio externo do SLI (Seminario de Lingüística Informática) da Universidade de Vigo.

imaxin|software Salgueiriños de abaixo nº11 L6, 15891 Santiago de Compostela Tlf. 981 554 068 Fax. 981 554 988

Aviso legal | Política de privacidade | Accesibilidade