inicio> novas

Sala de prensa

Contacto de prensa

Se precisa de máis información sobre a empresa ou sobre os seus produtos, contacte connosco en:

voz +34 981 554 068

fax +34 981 554 988

mail comunicacion@imaxin.com

Sobre imaxin|software

Dossier de empresa

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

03/02/2010

Concurso Deputación da Coruña

imaxin|software obtivo a adxudicación do concurso público “Adquisición dun sistema de tradución bidireccional (galego - español; español - galego) para a Deputación provincial da Coruña”.
Desta forma a Deputación da Coruña contará cun sistema de tradución bidireccional galego <> español para todos os seus departamentos. O sistema permitirá a tradución de textos breves, ficheiros en diferentes formatos e páxinas web.

04/01/2010

Proxecto Hidrátame e postal Feliz 2010 realidade aumentada no canal imaxinvideos de youtube

imaxin|software disponibiliza un vídeo a través do canal imaxinvideos de youtube en que mostra o proxecto Hidrátame. Este proxecto foi desenvolvido por imaxin|software e Ceo Aberto e tivo como resultado a creación dun mini xogo educativo en plataforma multitáctil para o centro Naturnova.
Nese mesmo canal, para alén do vídeo do proxecto Hidrátame, tamén poderemos ver como imaxin|software celebraba este ano 2010 regalándonos a lúa.

21/12/2009

Videoxogo Climántica

imaxin|software desenvolveu, conxuntamente co equipo do Proxecto de Educación Ambiental Climántica, “CLMNTK, o xogo”, o primeiro videoxogo interactivo de simulación estratéxica desenvolvido en Galicia para o seu uso nas aulas.
Este xogo forma parte dos recursos con que conta o Proxecto de Educación Ambiental Climántica (dependente da Dirección Xeral de Sustentabilidade e Paisaxe) para o 3° ciclo de Educación Primaria ou 1° ciclo de Educación Secundaria.
Trátase dun videoxogo desenvolvido coa intención educativa de concienciar o alumnado das repercusións que os seus actos teñen no cambio climático. O xogo permite coñecer a necesidade do desenvolvemento sustentable, simulando a creación e xestión dun territorio durante 20 anos e estimulando a reflexión.
Ademais, con este proxecto conséguese acercar o mundo do videoxogo á educación formal, mediante o uso do mesmo nas propias aulas como un material didáctico máis.
xogo.climantica.org

17/12/2009

Premios EGANET

A Asociación de Empresas Galegas Adicadas á Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet) entregou os galardóns que convoca anualmente. Este ano imaxin|software recibiu o galardón ao Mellor ambiente laboral por ser unha empresa que basea a súa estratexia na responsabilidade social e na sustentabilidade no tempo. Foi incluída como empresa exemplo de boas prácticas na Guía de boas prácticas editada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta. Este premio confirma o esforzo de imaxin|software por ofrecer un ambiente adecuado aos seus traballadores e traballadoras para poderen realizar o seu traballo nas mellores condicións posibles.
Para alén de levar o galardón ao Mellor ambiente laboral, tamén ficamos finalistas na categoría de Cultura Dixital co proxecto multitouch Hidrátame, que consiste nun minixogo educativo en plataforma multitáctil desenvolvido por Ceo Aberto e imaxin|software para o centro Naturnova.

06/02/2009

imaxin|software optimiza o motor de busca da Rede de Bibliotecas de Galicia a través da incorporación dun thesaurus construído ad hoc

Integrado no metabuscador da Rede de Bibliotecas de Galicia, dependente da Consellaría de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia, o optimizador desenvolvido por imaxin|software fornece buscas alternativas na base de datos das bibliotecas, após detectar o idioma utilizado. Por medio da suxestión de sinónimos, a busca pode ser reorientada cando de feito non existe ningún rexistro correspondente ao termo inicialmente introducido.

Para o desenvolvemento desta aplicación o equipo de técnicos e lingüistas de imaxin|software elaborou un thesaurus de 3500 entradas a partir do corpus extraído da base de datos das bibliotecas. O optimizador foi criado con tecnoloxía LAMP (Linux + Apache + MySQL + PHP) utilizándose unha estrutura que permitirá a introdución de novos termos á medida que os fondos das bibliotecas aumenten.

29/01/2009

Exeria. Aplicación para unha linguaxe non-sexista nos textos administrativos.

imaxin|software, en colaboración con Tagen Ata, desenvolveu Exeria, unha aplicación que permite o uso dunha linguaxe non-sexista no ámbito da administración. Esta ferramenta, que revisa os textos ofrecendo até cinco alternativas naquelas expresións susceptibles de seren sexistas, foi presentada publicamente no pasado día 19 de xaneiro pola Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Carme Adán.

A aplicación intégrase na suite OpenOffice.org e funciona de maneira semellante a un corrector ortográfico permitindo que a linguaxe utilizada para a elaboración de textos sexa neutra. imaxin|software desenvolveu o motor de análise textual e a interface baixo licenza GPL V.3, da Free Software Foundation.

O nome de Exeria foi escollido en homenaxe a unha pioneira muller galega que no século IV viaxou ao Oriente Medio.

19/11/2008

Opentrad convértese no primeiro tradutor automático de inglés-galego-inglés.

imaxin|software presenta o primeiro prototipo de tradutor automático de asimilación inglés-galego-inglés resultado dos últimos meses de investigación.

Ao mesmo tempo anúnciase o lanzamento do paquete á comunidade de desenvolvedores para o seu uso e melloramento.
http://opentrad.imaxin.com

28/11/2007

Presentación de Opentrad no Tecnimap

Na última semana de novembro celébrase en Xixón o X Congreso Tecnimap,  o encontro máis importante das administracións públicas e o sector TIC. Nese foro será presentado Opentrad, sistema de tradución automática de código aberto, como solución ás necesidades de xestión de documentación multilingüe das administracións públicas.

Alén diso, serán presentadas as últimas novidades de Opentrad, como os pares galego-portugués e español-francés, e novos servizos orientados especialmente para o sector público.

21/09/2007

Tradución automática e innovación

Grazas a que o Consorcio OpenTrad desenvolveu os dous motores de tradución automática *Apertium* e *Matxin *en software libre, a comunidade pode desenvolver plug-ins para que *Opentrad* incorpore novos formatos de texto non realizados inicialmente (.doc) como acaba de realizar o Traducíndote de Óscar Hermida, ou de adaptar os motores OpenTrad para o seu uso en navegadores como Firefox como fixo OuSLI (Ourense Software Libre).

Demóstrase así a importancia dos desenvolvementos tecnolóxicos en software libre como OpenTrad que fomentan non só a flexibilidade, interoperabilidade dos sistemas e a adaptación por parte do cliente ás súas necesidades, senón tamén á innovación continua dos produtos ao participar empresas, universidades e comunidade na súa evolución como produto.

02/07/2007

Golfiño. Corrector gramatical de galego para OpenOffice.org

imaxin|software desenvolveu o primeiro corrector gramatical para o galego que existe no mercado e a sexta proposta do mundo en corrección gramatical para o paquete ofimático OpenOffice.org. Nestes momentos só seis linguas no mundo (galego, portugués, inglés, alemán, francés e gaélico) dispón de corrección gramatical, con varias propostas de software libre a partir das cales será escollido un estándar .

Podes descargar o corrector gramatical Golfiño.
Tamén podes descargar o corrector ortográfico.

05/06/2007

imaxin|software e La Voz de Galicia convidados ás xornadas “INTERNACIONALIZACIÓN. EL RETO DE LA GESTIÓN DEL MULTILINGÜISMO” .

O principal obxectivo destas xornadas é achegar as tecnoloxías lingüísticas ao mundo da empresa e da administración como medio de xestionar os problemas derivados do plurilingüismo.
As xornadas están orientadas a xerentes de empresas e institucións, responsables de recursos humanos, responsables de departamentos internacionais, responsables de márketing, webmasters, empresas de comunicación, axencias de tradución, etc.
imaxin|software e La Voz de Galicia presentarán o proxecto de tradución automática Opentrad integrado na web do xornal como caso de éxito na implantación de ferramentas de tradución automática en empresas.
Ver programa das xornadas
Ver opentrad.imaxin.com

02/04/2007

O xogo Keco e a busca da ecopanda premio á mellor iniciativa de Comunicación Web Institucional

A Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e as Novas tecnoloxías (EGANET) outorgou a imaxin|software o galardón á mellor iniciativa de Comunicación Web Institucional polo xogo en liña Keco e a busca da ecopanda desenvolvido en colaboración coa axencia de publicidade Comunicación Integral para a Consellería de Medioambiente e Desenvolvemento Sostible.

02/04/2007

imaxin|software finalista en dúas categorías dos premios Eganet 2007

A asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (EGANET) seleccionou entre 167 candidaturas dous proxectos de imaxin|software como finalistas: o sistema de tradución automática en código aberto Opentrad na categoría de Software Libre, e o xogo “Keco e a busca da ecopanda” na categoría de Comunicación Web Institucional.

01/02/2007

Entrega de premios á primeira Ecopanda

O luns 29 de xaneiro tivo lugar a gala de entrega celebrada no Centro Galego de Arte Contemporánea. Os titulares das consellarías Manuel Vázquez e Laura Sánchez Piñón estiveron presentes e entregaron algúns dos premios.
Segundo Sánchez Piñón salientou, en referencia ás actuacións que se intercalaron na entrega de premios, “non hai mellor clase que a que vimos hoxe”. Keco, o robot encargado de axudar os rapaces e rapazas a superaren as probas do xogo, deu a coñecer os nomes dos gañadores durante a gala, á cal asistiron os alumnos premiados e os seus compañeiros.
Tanto Piñán coma o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, avogaron a celebración doutras edicións da “Ecopanda”.

26/01/2007

Finaliza o xogo on-line “Keco e a busca da ecopanda”

Cunha participación de máis de 3.000 alumnos en 600 grupos durante máis de 4 meses “Keco e a busca da ecopanda” chega ao seu termo, un final moi disputado onde os 144 grupos clasificados para a última fase competiron para conseguiren ser a primeira ecopanda.
Este próximo luns 29 terá lugar a entrega de premios. Máis información en www.ecopanda.org

15/11/2006

Opentrad premiado co galardón á mellor aplicación TIC

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia outorga a imaxin|software (Factoría de software e multimedia S.L.) o galardón á mellor aplicación TIC polo tradutor automático Opentrad.
Opentrad é o primeiro tradutor automático en código libre das linguas do Estado.
Ver opentrad.imaxin.com

14/11/2006

Nova sede imaxin|software

imaxin|software trasladou as súas oficinas de Santiago de Compostela para outra localización da mesma cidade, dentro dunha estratexia de crecemento e ampliación dos nosos servizos para o próximo ano 2007.
O crecemento da firma, a creación de novas áreas de negocio, acompañadas do aumento do persoal, e o interese por ofrecer o mellor servizo posible aos nosos clientes son algunhas das razóns do cambio de oficinas.
Ampliar información

16/05/2006

OpenOffice en galego

A Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia presenta o día 16 de Maio con motivo da celebración do Día das Letras Galegas e o Día de Internet a versión en galego do OpenOffice.org 2.0.
imaxin|localiza, área de negocio de imaxin|software dedicada á localización (tradución) de software, foi a responsable da localización do máis importante paquete ofimático en código aberto.
Este proxecto súmase, por tanto, á lista de software traducido por imaxin|software, que se converte así na empresa galega líder en localización.

15/05/2006

Preséntase en Barcelona Opentrad, o primeiro sistema de tradución automática das linguas do Estado en código aberto

imaxin|software e a Universidade de Vigo, integrados nun grupo multidisciplinar de empresas e Universidades do Estado, leva adiante un sistema de tradución automática en código libre entre as catro linguas oficiais que se presentará oficialmente este próximo día 30 de Maio en Barcelona.
A liberdade de tradución. Opentrad é un proxecto en software libre que permite a tradución bidireccional entre español e galego, catalán e vasco, para textos, páxinas Web e documentos, totalmente gratuíto.
Non existe ningunha iniciativa similar no Estado en que empresas e Universidades se unen para desenvolver un proxecto de tradución en software libre que integre as catro linguas oficiais. Con este proxecto, imaxin|software continúa coa súa liña de colaboración con empresas e institucións do estado para o desenvolvemento de proxectos de I+D.
Este proxecto está financiado en parte polo programa PROFIT do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

06/09/2005

OpenTrad. Tradutor en código aberto

Varias empresas e universidades do Estado, entre as cales se encontra imaxin|software, iniciaron un proxecto de I+D para desenvolver un sistema de tradución automática en software libre.
A finalidade é desenvolver un sistema de tradución automática bidireccional entre español e as outras linguas oficiais e que ademais sexa en código aberto, o que permitirá modificar libremente o programa e adecualo ás necesidades de cada usuario.
Este proxecto estará financiado en parte polo programa PROFIT e está previsto que a principios de 2006 sexa accesible na rede.

06/09/2005

Nace imaxin|localiza para a tradución multilingüe de software

DESPOIS DA EXPERIENCIA DE TRADUCIR WINDOWS XP E OFFICE 2003, A EMPRESA GALEGA imaxin|software CREA IMAXIN|LOCALIZA PARA A TRADUCIÓN DE SOFTWARE (LIBRE E PROPIETARIO) A GALEGO, PORTUGUÉS OU ESPAÑOL.

PASO NATURAL. Durante o pasado ano 2004 imaxin|software realizou para Microsoft o desenvolvemento da localización a Galego de dous dos seus produtos máis populares, Windows Xp e Office 2003. A experiencia adquirida nun proxecto desta envergadura transfórmase agora nunha liña de actuación baixo o nome de imaxin|localiza que prestará servizos de tradución de software traballando inicialmente en Galego, Inglés, Portugués e Español.

imaxin|software Salgueiriños de abaixo nº11 L6, 15891 Santiago de Compostela Tlf. 981 554 068 Fax. 981 554 988 CSS 2.1 correcto XHTML 1.0 Strict correcto

Aviso legal | Política de privacidade | Accesibilidade