

inicio> descargas> Office 2003 galician interface pack
O Paquete de Interface en Galego para Microsoft Office 2003 fornece unha interface de usuario en galego para moitos programas de Microsoft Office 2003.
Agora poderá ter Office 2003 en galego, sen custos adicionais. Só terá que executar unha aplicación denominada "Paquete de Interface en Galego" (Galician Interface Pack), que é instalada sobre Office 2003 e modifica a súa interface de usuario para dispor do Office 2003 en galego.
O Paquete de Interface en Galego para Office 2003 fornece unha interface de usuario traducida para os seguintes programas do Office 2003:
Sistemas operativos admitidos: Windows XP
Software requirido: A versión en español de calquera paquete Office 2003, como por exemplo, a Edición Professional ou a Standard de Microsoft Office 2003, ou ben a versión en español dun determinado programa de Office 2003 que soporte o Paquete de Interface en Galego para Office 2003 (Excel 2003, Outlook 2003, PowerPoint 2003, ou Word 2003).
O Paquete de Interface en Galego para Office 2003 tamén pode ser instalado por riba do Paquete de Interface de usuario multilingüe para o Microsoft Office 2003 con soporte para español.
Requisitos de espazo en disco: Ademais do espazo en disco utilizado polos programas de Office 2003 xa instalados, precísanse 10 megabytes (MB) de espazo no disco ríxido.

