

inicio> descargas> Windows XP galician interface pack
Agora poderá ter o pracer de usar Windows XP en galego sen custos adicionais. Abonda con executar a aplicación denominada "Paquete de interface en galego" (Galician Interface Pack), unha aplicación que é instalada sobre WINDOWS XP Professional ou Home Edition, cambiando a súa interface de usuario para que dispoña do Windows XP en galego.
O Language Interface Pack debe instalarse unicamente sobre o Windows XP Professional ou Home Edition na súa versión en castelán. Esta aplicación NON funcionará sobre Windows XP Professional ou Home Edition noutro idioma diferente do castelán.
Non todos os elementos da interface de usuario están localizados. Algúns compoñentes permanecerán no idioma base do sistema operativo despois da instalación do Galician Interface Pack. O Galician Interface Pack non se aplica a algúns compoñentes do sistema operativo, como son:
MSN Explorer
Os xogos na Internet
NetMeeting
Partes
do asistente de ligazón á Internet
HyperTerminal
Compoñentes
de usuario e opcións de configuración avanzados (MMC, ferramentas
administrativas, Xestor de dispositivos)
Activación
de Windows
Para instalalo, simplemente execute o ficheiro LIPSetup.msi unha vez descargado no PC, ou insira no seu computador o CD que obtivo do seu distribuidor habitual.
Unha vez instalado, pode desinstalarse desde o Panel de control, Engadir ou eliminar programas, obtendo de novo o Windows XP en castelán.
![]()