|
A ferramenta máis agardada.
imaxin|software desenvolveu, co apoio da Xunta de Galicia, o
corrector de galego do novo paquete de ofimática da multinacional
Microsoft, o Office XP, que reúne algúns dos programas
máis populares entre os usuarios: Microsoft Word, Excel,
Power Point e Front Page.Trátase dun feito sen precedentes
tanto por ser a primeira vez que o Office inclúe un corrector
na nosa lingua como por ser Imaxin a primeira empresa galega certificada
polo xigante informático.
21 millóns de palabras.
Máis de dous anos de traballo do equipo técnico e
lingüístico de Imaxin ofrece como resultado este producto,
que detecta máis de vinteún millóns de palabras
válidas, realiza suxestións sensibles ó contexto,
efectúa correccións ortográficas mentres o
usuario escribe, visualiza a frase ou parágrafo onde detecta
o erro e inclúe, dende logo, o sempre útil módulo
de autocorrección.
|