principal | +corrector | caracteristicas

Ferramentas lingüisticas para office Xp.
MS Word® · MS Access® · MS Excel® · MS Powerpoint® · MS Outlook®

Office 2000 incorpora as ferramentas lingüisticas para o Galego desenvolvidas por
imaxin|software.


  • Corrixa os seu correos electrónicos.
  • Revise as súas follas de cálculo e bases de datos.
  • Verifique os seus documentos mentres os escribe.
  • Cree as súas presentacións de empresa no Powerpoint libres de erros ortográficos.

A ferramenta máis agardada.

imaxin|
software desenvolveu, co apoio da Xunta de Galicia, o corrector de galego do novo paquete de ofimática da multinacional Microsoft, o Office XP, que reúne algúns dos programas máis populares entre os usuarios: Microsoft Word, Excel, Power Point e Front Page.Trátase dun feito sen precedentes tanto por ser a primeira vez que o Office inclúe un corrector na nosa lingua como por ser Imaxin a primeira empresa galega certificada polo xigante informático.

21 millóns de palabras.

Máis de dous anos de traballo do equipo técnico e lingüístico de Imaxin ofrece como resultado este producto, que detecta máis de vinteún millóns de palabras válidas, realiza suxestións sensibles ó contexto, efectúa correccións ortográficas mentres o usuario escribe, visualiza a frase ou parágrafo onde detecta o erro e inclúe, dende logo, o sempre útil módulo de autocorrección.

 

 

TAMÉN NO OFFICE 2000.

Os actuais usuarios do Office2000 poderán aproveitar o traballo de imaxin|software. Así, deseñouse unha actualización para este producto, denominada 2.mil que, tras unha mínima instalación, permite obter as mesmas funcionalidades do corrector para XP. máis...

 


Para os usuarios de Office2000, update que incorpora as mesmas f5erramentas lingüistica que o OfficeXp. Descárgao gratis en www.imaxin.com/2mil